Unha illa deserta ou illa deshabitada é unha illa non habitada por humanos. Son frecuentemente utilizadas en filmes e historias en xeral sobre náufragos, e tamén como estereotipos da idea dun "paraíso". Algunhas illas deshabitadas están protexidas como reservas forestais ou santuarios ecolóxicos, e outras son propiedade privada. A Illa Devon, no Canadá, é considerada a maior illa deserta do mundo.[1][2]